San Josemaría en galego

Durante o ano 2016 estivemos a facer un traballo de colaboración coa web do Opus Dei en galego (www.opusdei.gal) para a tradución a nosa lingua de varios artigos e as Cartas Pastorais. Poderedes ver o resultado na web oficial do Opus Dei en galego. Tamén axudamos á organización dos distintos actos de presentación da tradución ao galego do libro «Conversaciones con Mons. Escrivá» que tiveron lugar nas principais cidades de Galicia. Pensamos que estamos a axudar a percorrer o camiño cara a normalización da nosa lingua. Debemos de agradecer á Deputación de Pontevedra a axuda económica, sen ela sería imposible facer este traballo.

plan-empleo-deputacion